SANTIAGO RAMÓN Y CAJAL: UD 1

lunes, diciembre 2

Benvido viaxeiro!

Son o teu guía de viaxe polo corpo humano no tema da función de relación. Chámome Santiago Ramón y Cajal. Nacín en 1852 e vivín ata 1934. Fun médico, especializado en histoloxía e anátomopatología microscópica. Obtiven o premio Nobel de Medicina en 1906 por descubrir os mecanismos que gobernan a morfoloxía e os procesos conectivos das células nerviosas.

Dixéronme que tes algunhas dúbidas sobre o sistema nervioso e queres a contestación a algunhas preguntas. Así que che interesa saber algo sobre a influencia do alcohol nas neuronas?


Á túa idade a mi tamén me interesaba todo: a ximnasia, a fotografía, o debuxo. Realizei numerosas investigacións sobre as células do sistema nervioso e coñezo a súa forma, estrutura e o xeito que teñen de comunicarse entre sí. Como podes observar estou moi ocupado cos meus apuntes, así que che deixo unhas pistas para que atopes as respostas as túas preguntas. Boa viaxe, espero que o corpo humano che fascine tanto como a min!!

HIPÓCRATES DE COS: UD 2

Benvido viaxeiro!
Chámome Hipócrates e son o teu guía na Viaxe alucinante polo corpo humano, no tema da reprodución humana. Nacín na Illa de Cos, en Grecia no ano 460 a.C. e vivín ata o ano 370 a.C. Fun médico, e segundo di a tradición ao parecer descendo dunha estirpe de magos e estou directamente emparentado con Esculapio, o Deus grego da medicina. Son da mesma época que Sócrates e Platón, e este último cítame varias veces nas súas obras. Durante a miña xuventude viaxei a Exipto, onde me familiaricei cos traballos médicos da época de Imhotep.
Son famoso polo Xuramento hipocrático, unha declaración ético profesional, que sinalaba entre outras cousas, que o médico debe contar cun carácter honesto, calmado, comprensivo e serio.
Seica queres pistas para responder a pregunta do caderno de viaxe? Ben eu teño algunhas direcións que che poden resultar útiles:

ISAAC NEWTON: UD 3

Benvido viaxeiro,

Son sir Isaac Newton e voute guiar na viaxe polo mundo da luz e o son. Nacín en 1642 en Lincolnshire ( Inglaterra). Meu tio convenceu a miña nai para que en lugar de quedar na granxa, me mandase a estudar en Cambrigde. Alí me interesei polo mundo da física e das matemáticas.
Demostrei que a luz branca estaba formada por unha banda de cores (roxo, laranxa, amarelo, verde, cian, azul e violeta) que se podían separar por medio dun prisma.
Seica queres saber algo sobre os danos que poden provocar os sons. Deíxote algunhas direccións interesantes.
Por certo, isto de internet e algo fora de serie!

BENJAMíN FRANKLIN: UD 4


Benvidos meus cativos viaxeiros,
Son Benjamin Franklin, nacín en Boston (EEUU) en 1706, e despois de diversos traballos, convertinme en investigador e inventor. Sempre me sentín atraido polo mundo da Física. En 1752 levei a cabo en Filadelfia o meu famoso experimento coa cometa. Atei unha cometa con esqueleto de metal a un fío de seda, en cuxo extremo levaba unha chave tamén metálica. Facéndoa voar un día de tormenta, confirmei que a chave cargábase de electricidade, demostrando así que as nubes están cargadas de electricidade e os raios son descargas eléctricas. Grazas a este experimento creei o meu máis famoso invento, o pararraios.
Bueno, seica o voso profe vos puxo nun apreto! Si necesitades axuda, aí a tendes.

LEONARDO DA VINCI: UD 5

Benvidos viaxeiros,

Chámome Leonardo, nacín 1452, gustanme todas as artes e todas as ciencias. Fun pintor, escultor, arquitecto, matemático, enxeñeiro, astrónomo, físico, naturalista, químico e músico. Ademais escribín. Tamén inventei e fun precursor de numerosos artefactos e aparellos que, según creo recentemente as técnicas modernas puideron recoller e aplicar (hai quen di que fun quen de viaxar no tempo) . En 1496 Leonardo deixei o meu pequeno pobo de Vinci para ir a Florencia, a gran cidade italiana da época. Concorrin o taller do gran Andrea do Verrocchio (verróquio), quen dende un principio me animou e valorou. Pasei dezasete anos en Milán, baixo a protección dos Sforza. Mais tarde trasladeime a Roma, ao amparo do mecenado do Papa León X. En 1516 funme a Parides, invitado por Francisco I, o rei de Francia, onde lle fixen un castelo. En ningún momento deixei de traballar. Era infatigable. Ao final da miña vida ordenei os meus escritos e proxectos, porque para entón estaba coa man dereita paralizada. Morrin aos 67 anos de idade, en 1519.
Creo que necesitades algo de axuda; non desesperedes que non é tan dificil.

GALILEO GALILEI: UD 6


Benvidos viaxeiros,

Son o voso guía para a unidade didáctica dedicada á Terra e ao Sistema Solar. Chámome Galileo Galilei e nacín en Pisa en 1564. Inventei o primeiro telescopio de oito aumentos, e despois un montón deles pero só funcionaron ben uns poucos, a óptica non era o meu. Tamén fun astrónomo, filósofo, matemático e físico. Copérnico entusiasmoume e defendín as súas teorías: defendín o heliocentrismo (os planetas xiran arredor do Sol) fronte ao geocentrismo (os planetas xiran arredor da Terra) o que me custou unha cadea perpetua imposta pola Igrexa Católica.
Parece ser que ti tamén tes inquietudes e queres saber o que é o lixo espacial. Ben, estiven a investigar un anaco en internet e atopei estas páxinas, espero que che axuden. Boa Viaxe!!

CHARLES ROBERT DARWIN: UD 7

Benvidos viaxeiros,
Son o voso guía para a unidade didáctica dedicada aos ecosistemas. Chámome Charles Robert Darwin, nacín en 1809 e son naturalista e británico por suposto. Son famoso pola miña obra a orixe das especies, resumindo un pouco, nela conto que todas as especies de seres vivos evolucionaron co tempo a partir dun antepasado común mediante un proceso que denominei selección natural. A selección natural é a chave en dúas fases que explica todo o sistema. A primeira fase é a xeración de modificacións espontáneas nos individuos, e a segunda a selección a través da loita pola supervivencia na loita pola vida, onde os individuos mellor dotados, os que naceron con modificacións espontáneas favorables para facer fronte ao medio van ter máis posibilidades de sobrevivir, de reproducirse e de deixar descendencia con estas vantaxes.
Xa sei que che interesan as especies, igual que a min, e que queres descubrir se se extinguiron en masa nalgunha ocasión, pois si! Estiven a investigar e atopei estas páxinas, espero que che sexan de axuda. En todo caso, boa viaxe!!

ALEXANDER VON HUMBOLDT: UD 8


Benvidos viaxeiros,
son o voso guía no Viaxe por España e Galicia, no tema de Relevo e Ríos.
Chámome Alexander von Humboldt (1769-1859): Explorador e experto en ciencias naturais, un dos fundadores da moderna xeografía. Fillo dun nobre prusiano e irmán do filósofo Wilhelm von Humboldt, eduqueime en Göttingen e na escola de minas de Friburgo. No cargo de director de Minas do Principado de Bayreuth (1792-1797) realicei investigacións en moitos campos, entre eles a botánica e a xeoloxía. Tamén continuei os estudos de Galvani sobre a electricidade muscular e nerviosa e fixen moito por perfeccionar as técnicas mineiras e as condicións de traballo nas minas. Tras dimitir de devandito cargo viaxei durante cinco anos por Sudamérica, onde tracei a conexión entre os ríos Amazonas e Orinoco, estudei a vida animal e vexetal e fixen observacións meteorolóxicas, entre elas o tránsito de Mercurio. Tamén estudei as propiedades do guano, introducindo así unha importante fonte nova de fertilizante.
Xa sei que necesitades axuda. Ahí vai...

RAMÓN OTERO PEDRAYO: UD 9


Benvidos viaxeiros,
son o voso guía na Viaxe por España e Galicia, no tema de Clima e Vexetación.
Chámome Ramón Otero Pedrayo e nacín en Ourense ou 5 de marzo de 1888. Dín que son Patriarca das letras galegas, ourensán de prol, pertencín á Xeración Nós ("Nós"), fun un dos escritores galegos máis importantes. Traballei distintos xéneros: ensaio, novela, poesía... ademais de estudos científicos xeográficos da miña cátedra da Universidade de Santiago de Compostela. Na Guía de Galicia, que dirixín, están algunhas das miñas mellores achegas. Militante do Partido Galeguista fun deputado nas Cortes da República. Entre as miñas novelas destacan Vos camiños dá vida (Os camiños da vida) e Ou mesón dous Ermos (O mesón dos Ermos), descrición minuciosa dos costumes e da vida rural galega. Pero a máis coñecida é Arredor de se (Ao redor de si) que pode considerarse como parcialmente autobiográfica e que nos permite albiscar os camiños que percorreron os integrantes da chamada Xeración Nós ata o galeguismo. Neste sentido "autobiográfico", Arredor de se se completa cos artigos Dos nosos tempos, de Florentino López Cuevillas, e connosco, vos inadaptados (Nós, os inadaptados) de Vicente Risco, estes dous últimos aparecidos na revista Nós. Falecín no ano 1976. Creo que queredes saber algo sobre o Cambio Climático...
Por certo, si necesitades información sobre Espazos Protexidos en Galicia, déixovos unhas direccións interesantes...

MAHATMA GANDHI: UD 10


Benvidos viaxeiros, son o voso guía no Viaxe por España e Galicia, no tema de Poboación e Economía.
Chámome Mahatma Gandhi. Fun un líder político, relixioso e nacional, da India. Fillo dunha familia de mercadores de Bombai, estudei en Inglaterra e posteriormente emigrei a Sudáfrica onde permanecín máis de vinte anos (1893-1924). O inxusto réxime racial deste país impulsoume a comezar a miña participación nos asuntos públicos. Ao retornar á India, uninme ao Congreso Nacional indio. O endurecemento do réxime colonial, a pesar de que máis dun millón de hindús loitasen polo Imperio durante a Gran Guerra levoume a dirixir grandes protestas. A matanza de Amritsar en 1919, onde máis de catrocentos hindús morreron, fixéronme reformular as miñas tácticas políticas, lanzando unha campaña de non violencia e non colaboración coas autoridades británicas. A debilidade británica tras a guerra e a chegada ao poder de Atlee e os laboristas en 1945 acelerou o proceso da independencia. As negociacións entre Londres, o Congreso Nacional Indio dirixido por Nehru e a Liga Musulmá de Jinnah sobre o Plan Mountbatten culminaron coa independencia e a partición da colonia na Unión India e Paquistán. As violencias entre musulmáns e hindús e o fracaso na construción dun estado unitario entristeceronme nos últimos díasda miña vida. O 30 de xaneiro de 1948, un fanático hinduista Nathuram Godse asasinoume.
Sempre apoiei os máis desfavorecidos asi que si queredes saber algo sobre a inmigración...

ROBERT SCHUMANN: UD 11


Benvido viaxeiro, son a túa guía para o tema dedicado ao estudo de Europa. Nacín en Luxemburgo no ano 1886, e dende os 33 anos, adiqueime a política. Fun deputado do Parlamento francés, ministro de facenda, xefe do EStado e ministro de Asuntos Exteriores en Francia. Cando ocupaba este cargo tiven unha idea: propuxen establecer estreitos vínculos económicos entre Francia e Alemaña. Esto deu orixe á Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro. Anos despois, fun ministro de Xustiza e presidente da Asemblea Parlamentaria Europa, da que continuei sendo deputado toda a miña vida. O longo deste tempo saquei as miñas conclusións: " fará falta imaxinar fomas novas de unificar Europa, xa que no pasado, algúns tentárono pola forza".
Seica andas a buscar informacion sobre o Tratado de Maastricht, alégrome que che interese. Ahí te deixo unhas pistas que atopei en internet, espero que te axuden.
Boa Viaxe!!

ARISTÓTELES: UD 12


Benvenidos viaxeiros! Son o teu guía para o tema da Prehistoria e a Idade Antiga. Chámome Aristóteles, e nacín en Macedonia no 384 a.C. Considéranme un dos filósofos máis grandes da antigüidade, e o autor enciclopédico máis importante que deu a humanidade. Interesoume un pouco todo, a lóxica, a economía, a astronomía, a bioloxía. Considéranme un creador da taxonomía, o pai da zooloxía e a botánica.
Din que inaugurei toda unha nova visión do mundo. Demostrei ou creei, e sobre todo popularicei unha serie de ideas para moitas persoas.
Dixéronme que buscas información sobre Atapuerca, mmmm...., estiven a ver algunhas cousas en internet , aquí déixoche unhas cantas direccións que atopei sobre o tema:

AVERROES: UD 13



Benvido viaxeiro! Son o teu guía para a unidade didáctica dedicada á Idade Media. Chámome Averroes, e nacín na cidade de Córdoba no ano 1126. Considéranme o filósofo árabe máis importante da Idade Media. Os meus coñecementos estendíanse a todos os campos do saber: Filosofía, Teoloxía, Dereito, Matemática, Astronomía, Física, Medicina, Poesía. Na miña vida, só non estudei dous días: o da morte do meu pai e o día da miña voda. Exercín como xuíz e como médico da corte. Na mesquita daba leccións a un gran público e en privado daba clases a un selecto grupo de discípulos. Son de liñaxe andalusí, sempre destaquei o meu amor a miña terra e a beleza do meu país, e sempre digo que Córdoba é a patria de grandes sabios e Sevilla a dos mellores músicos. Puxéronme un alcume, o "comentarista" porque escribín moitos comentarios sobre Aristóteles.

Dixéronme que buscas información sobre a catedral de Santiago e os Cabaleiros da Orde de Santiago? O outro día, buscando en internet, atopei estas páxinas sobre o tema. Espero que che axuden!





MARCO POLO: UD 14



Benvido viaxeiro! Son o teu guía para o tema dedicado a la Idade Moderna. Chámome Marco Polo e nacín o 15 de setembro de 1254. Fun un mercador e explorador veneciano e xunto co meu pai e o meu tío, estiven entre os primeiros occidentais que viaxaron pola ruta da seda a China. Dise que introducín a pólvora en Europa, pero o certo é que se usou a pólvora en Occidente por primeira vez na batalla de Néboa (Huelva) en 1262, e por aquel entón eu tiña 8 anos.
A miña familia (o meu pai e o meu tío) e eu vivimos en China 17 anos antes de volver a Venecia. En China foi onde me granxeei a confianza do emperador que me encargou varias misións diplomáticas. Tras o meu regreso, nunha batalla marítima entre Venecia e Xénova, fun feito prisioneiro, e para entreterme escribín " As viaxes de Marco Polo", acerca das miñas viaxes. Considéranme un dos máis grandes exploradores do mundo.
Chegáronme rumores de que non sabes que é a ruta da seda, e non podías vir a mellor lugar para descubrilo, aí déixoche unhas cantas direccións web:

ALBERT EINSTEIN: UD 15


Benvido viaxeiro! Son o teu guía para o tema da Idade Contemporánea. Chámome Albert Einstein e nacín o 14 de marzo de 1879 en Ulm. Fun físico de orixe alemá, nacionaliceime despois suízo e estadounidense. Considéranme o científico máis coñecido e máis importante do século XX. Cando era un descoñecido, empregado na oficina de patentes de Berna, publiquei a miña Teoría da Relatividade Especial, algo moi complicado para ti aínda. Obtiven o premio Nobel de Física en 1921, pola miña explicación do efecto fotoeléctrico e as miñas numerosas contribucións á física teórica, e non pola Teoría de da Relatividade, (iso foi porque non a entenderon). Tamén me consideran o "pai da bomba atómica", pero sempre avoguei polo pacifismo. Por outro lado consólome pensando que fun proclamado como personaxe do século XX e o máis eminente científico pola revista Time.
Dixéronme que buscas información sobre algo chamado as "pinturas negras", mmmmmm......, déixame pensar.................. Xa sei! O outro día atopei estas páxinas en internet, espero que che sexan de axuda:

miércoles, septiembre 2

BLOG "CADERNO DE VIAXE" http://asviaxesdesexto.blogspot.com/